Como xa sabedes xa tivemos dúas reunións introdutorias e agora estamos traballando na formación de diferentes comisións para traballar en aspectos máis concretos: observación da natureza, creación dunha revista, campañas publicitarias, radio, elaboración dun protocolo, arte, obradoiros de reciclaxe, historia e convivencia, urbanismo e espazos verdes e moitos máis!
Tamén temos xa diferentes propostas de logos e lemas, e mesmo novas suxestións de nome para o comité. É todo moi ilusionante! Non esquezades entregar os ámbitos nos que queredes traballar para que así xa poidamos organizarnos en grupos máis pequenos e poñer en prácticas todas as nosas ideas.
Grupos de 4 de ESO nunha reunión de introdución ao comité climático. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario