10/02/21

Día internacional da muller e a nena na ciencia

O 11 de febreiro celébrase o Día internacional da muller e a nena na ciencia. Este día foi creado no 2015 pola ONU co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e as nenas na ciencia e para favorecer a igualdade de xénero e o apoderamento das mulleres e das nenas.


En relación con esta celebración, a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames levou a cabo unha actividade no noso centro co alumnado de 1º de bacharelato B que consistiu na gravación dun vídeo divulgativo para a campaña audiovisual A divulgación da ciencia e a tecnoloxía e o papel da muller e das nenas neste eido. Este vídeo foi presentado, hoxe, 11 de febreiro no concello de Ames. Preme aquí para ver máis información ao respecto e xa che deixamos aquí o vídeo para que o vexas:


Podedes visitar xa a exposición de libros relacionados coa muller e a nena na ciencia situada no espazo Maruxa Mallo enfronte da biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario