Os alumnos e alumnas de 2º bacharelato sorprendéronnos vindo a clase vestidos de gala!
A situación de pandemia de Covid-19 crea incerteza sobre se vai ser posible celebrar a graduación. Por este motivo, os alumnos e alumnas decidiron aproveitar o día antes das vacacións de Entroido para celebrar con antelación unha graduación alternativa.
Esperemos que a situación epidemiolóxica mellore e poidamos celebrar a graduación, pero de momento aquí vos deixamos estas fotos da "graduación" en febreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario