A creación dunha charca experimental era unha das actividades que nos facía máis ilusión do proxecto Patio con(vida) a convivir ao abeiro do Proxecto Terra e do Proxecto Educación Patrimonial, ambos os dous dentro do Plan Proxecta, e do PFPP do centro O IESP de Ames un espazo sostible e seguro.
A sucesión de borrascas que non daban acougo case puxeron en perigo a construción da poza experimental; pero finalmente o 23 de febreiro, grazas áo equipo de medioambiente do Concello de Ames, e a ONG medioambiental ADEGA, conseguimos ter a nosa charquiña.
Moitas grazas a Patricia e a todo o equipo medioambiental do Concello de Ames e a Ramsés de ADEGA.
Se tes calquera proposta, non dubides en transmitírnola e en unirte ao equipo de observación da poza experimental e o seu contorno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario