O día 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da non violencia e da paz, unha xornada educativa non gubernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal e incorporada en 1998 por UNICEF. Esta xornada ten como obxectivo promover un ensino non violento e pacificador. Celébrase o 30 de xaneiro en conmemoración do día da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948).
Gandhi foi un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza, e foi asasinado por defender estas ideas.
Co gallo desta celebración, o día 5 de febreiro e ao abeiro do proxecto do centro Memoira democrática e dos dereitos humanos realizarase o encontro telemático co enxeñeiro e hidrólogo Manuel Ron Martín que presentará a charla Xeoloxía e hidroxeoloxía no Sahara occidental: subsistencia fronte ocupación, cos grupos de 4º de ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario