12/12/20

Premios no I Concurso "Chío contra a violencia de xénero"

O venres, 11 de decembro de 2020, entregáronse os premios do I Concurso Chío contra a violencia de xénero organizado polo equipo de dinamiación lingüística e a biblioteca do centro.

O xurado integrado polo profesor Carlos Negro (Departamento de Lingua Galega e Literatura), a profesora Paz Peña (Departamento de Ciencias da natureza), e a alumna María Villaverde Temes (1º de bacharelato), acordou conceder os seguintes premios:

1º premio de 1º e 2º de ESO: Rosalía M.C. (2º ESO D), por O veleno do amor.

2º premio de 1º e 2º de ESO: Diego Albor Sánchez (2º ESO F), por Fóra cintos, fóra machismos.

1º premio de 3º e 4º de ESO: Icía Fernández Ferreiro (4º ESO A), por Plantas e silvas.

2º premio de 3º e 4º de ESO: Riquelme Souza da Silva (4º ESO F), por Perdoa.

A seguir podedes ler os chíos premiados. Moitas grazas a todas as persoas participantes e moitos parabéns ás persoas premiadas!



Non quero o teu veleno do amor!

Rosalía M. C. (2º ESO D)


Fóra cintos, fóra machismos

Diego Albor (2º ESO F)


Se puxeras unha pranta preto dunhas silvas que farías: podaríala para que non se enredase coas silvas ou arrincarías estas de raíz para quee non volvesen medrar? Pois o mesmo pasa coa situación á que se enfronta a muller cando sae á rúa de noite: está moi ben aconsellarlle que non use saias curtas ou que non ande soa; pero, non sería mellor conseguir que a muller poida saír de noite sen medo e vestida como queira? Deixemos que a pranta medre libre e queimemos as raíces das silvas.

Icía Fernández (4º ESO A)

Oe perdoa, só veño a dicir que buscamos xustiza porque nos estades matando, agredindo, humillando, abusando, obrigando, sigo?

Riquelme (4º EO F)


Ningún comentario:

Publicar un comentario