O venres, 18 de decembro, a directora do centro, Marisol Louro, fixo entrega dos diplomas de recoñecemento ao valiosísimo traballo realizado polos alumnos e alumnas que colaboran desinteresadamente coa biblioteca do centro realizando un excelente labor. Na entrega dos diplomas tamén participaron a vicedirectora do centro, Chus García, e o coordinador da biblioteca, Xesús Xiráldez.
Moitos parabéns e agradecementos polo voso valioso traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario