09/12/20

Día internacional dos dereitos humanos

 O 10 de decembro de cada ano celebramos o Día dos dereitos humanos. Esta data conmemora o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos pola asemblea xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU).

Nesta imaxe podedes ver a Eleanor Roosevelt coa Declaración universal de dereitos humanos aprobada en 1948. Premede aquí para consultar os 30 artigos da Declaración universal dos dereitos humanos. 

O tema da conmemoración deste ano céntrase na pandemia de Covid-19 e os dereitos humanos e ten por lema: Unha mellor recuperación: defenda os dereitos humanos. Tamén podedes ver propostas para conmemorar o Día dos dereitos humanos aquí e aquí.

O centro está a participar no proxecto Memoria democrática e dereitos humanos. No marco dese proxecto e co gallo da conmemoración do Día dos dereitos humanos, levouse a cabo a actividade Encontro con Manuel Torrente, realizador do documental Mathausen, regreso ó campo da morte, con alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO, 1º e 2º de bacharelato.


Manuel Torrente participou nun encontro co alumnado, tanto presencial como telemático respectando o protocolo de adaptación á pandemia de covid-19. Na fotografía a seguir podedes ver a Manuel Torrente sendo entrevistado nun programa de radio gravado na aula de Tecnoloxía.


 
Despois do encontro co alumnado, Manuel Torrente visitou a biblioteca do centro e asinou no libro de visitas do centro. A directora do centro, Marisol Louro, fíxolle entrega dun pin conmemorativo en agradecemento pola súa participación no Día internacional dos dereitos humanos.






No espazo Maruxa Mallo enfronte da biblioteca podedes ver unha exposición de libros e películas relacionados cos dereitos humanos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario