20/12/20

O IESP de Ames un espazo sostible e seguro

O IESP de Ames está a participar por terceiro ano consecutivo nun proxecto de formación de centro coa Universidade de Santiago de Compostela titulado O IESP de Ames: un espazo sostible e seguro. 

Neste proxecto interdisciplinar están a participar alumnos e alumnas desde un gran número de materias: Bioloxía, Educación Física, Filosofía, Física e Química, Historia, Inglés, Lingua Galega e Literatura, Matemáticas, Paisaxe e sostibilidade, e Xeografía; coa colaboración da biblioteca do centro.

No marco deste proxecto estanse a traballar diferentes aspectos para mellorar a sostibilidade do centro tanto desde o punto de vista medioambiental como social.

Unha das iniciativas que se está a levar a cabo é a concienciación á comunidade educativa da necesidade de manter o noso instituto e o eido que o rodea limpo, como unha forma de contribuír localmente a mellorar a limpeza do planeta a nivel global. Esta semana podedes visitar a exposición Por un patio limpo, por un planeta limpo, na que se amosan carteis ecolóxicos feitos polo alumnado de 1º de ESO da materia de Paisaxe e sustentabilidade invitándonos a coidar e manter limpo o noso patio.



Ningún comentario:

Publicar un comentario