01/11/20

Grupo gañador do certame Musicando Carvalho Calero

Este venres coñeceuse o nome da formación gañadora do concurso 'Musicando Carvalho Calero', posto en marcha pola Radio Galega e a Associaçom Galega da Língua (AGAL) para dar a coñecer a figura de Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. 

O grupo gañador foi Clásicos Libres, co tema Ferrol 1916. Aquí tedes a canción. Esperamos que vos guste! 


Podes escoitar os dez temas finalistas premendo aquí, e as oitenta cancións enviadas ao concurso premendo aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario