20/10/20

Parabéns no día das bibliotecas!

O 24 de outubro, celébrase o Día das bibliotecas, de todas as bibliotecas. O lema deste ano é Bibliotecas, sempre ao teu carón, que nos lembra que malia a distancia e as limitacións por mor da pandemia da covid-19 a biblioteca segue estando aquí no centro a carón de toda a comunidade educativa.



O día das bibliotecas é un bo momento para achegarnos á lectura e coñecemento en todas as súas manifestacións e formato.

Desde a biblioteca do centro recomendamos facer lecturas de fragmentos de diferentes obras relacionadas co mundo das bibliotecas como: Medio pan y un libro, de Federico García Lorca; El infinito en un junco, de Irene Vallejo; Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz; Movida na biblioteca, de Josep Gregori; Metamorfosis de la lectura, de Roman Gubern, e moitos máis que podedes atopar ao teu carón, na biblioteca.

Se preferides ver unha película, recomendámosvos La librería, de Isabel Coixet.

Non dubidedes en facérnolas chegar calquera recomedación que vos teñades e procuraremos que estean dispoñibles para todos e todas na biblioteca.

No espazo Maruxa Mallo en fronte da biblioteca tedes unha exposición das interesantes novidades que chegaron este curso. Non deixedes de visitala e reservade as vosas preferencias!



Na exposición podedes atopar tamén un anaquiño da paisaxe outoniza do eido do centro. Non deixedes de visitalo ao natural que é moito máis espectacular! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario