O alumnado e profesorado do noso centro non para de colleitar éxitos no eido do deporte, das artes ou da literatura entre outros. Poñémosvos ao día dalgúns dos últimos dos seus éxitos.
A Tariku Novales, ex-alumno do centro, seguro que o coñecedes polos seus éxitos deportivos, mais durante o confinamento atopou a inspiración para reconectar coa música e ofrécenos a canción Suficiente. Podedes ler sobre o seu proceso creativo nesta entrevista e ver o resultado no vídeo a seguir:
Outro ex-alumno, Hugo Novoa, colleita éxitos no RB Leipzig e soña con formar parte da liga española e ser importante na Champions. Seguro que o consigue! Podedes ler a entrevista premendo aquí.
O profesor Carlos Negro, publicou a obra Tres poetas en estado de alarma, xunto a Vitor Baqueiro e Xosé María Álvarez Cácamo. Podes consultar a obra na biblioteca e desfrutar dos Coronahaikus escritos durante o confinamento.
O profesor José Antonio López Silva acaba de publicar unha edición crítica da obra Ensayo histórico sobre la cultura gallega, de Otero Pedrayo. Podes consultalo xa na biblioteca do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario