14/10/20

Museos e exposicións

Se che gustan os museos e as exposicións estás de sorte, pois acaban de inaugurarse varias exposicións ben interesantes.

En Santiago podes visitar dúas novas exposicións, unha no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura e outra no Colexio Fonseca, na zona vella de Santiago.

No Museo Centro Gaiás podes visitar desde o 3 e outubro ata o 17 de xaneiro a exposición Galicia, de Nós a nós. Esta exposición homenaxea á Xeración Nós e analiza o seu impacto na cultura e política galega coincidindo co centenario da publicación do primeiro exemplar da revista Nós.




No Colexio Fonsexa podes visitar entre o 25 de setembro e o 7 de novembro a exposición Concepción Arenal, a conciencia da razón, en homenaxe á pensadora ferrolá con motivo do Bicentenario do seu nacemento que se conmemora neste ano. Tamén podes ver on-line a película Concepción Arenal, la visitadora de cárceles neste enlace.


Máis lonxe, no Museo do Prado, en Madrid, podes visitar a exposición Invitadas. Fragmentos sobre mujeres, ideología y artes plásticas en España (1833-1931), sobre o papel das mulleres nas artes visuais nos reinados de Isabel II e Alfonso XIII.

Ningún comentario:

Publicar un comentario