Continuamos co ano das Letras galegas adicado a Carvalho Calero e ofrecémosvos aquí información sobre diferentes homenaxes que se lle seguen a facer ao autor.
Co gallo deste ano adicado a recuperar e dar a coñecer a Ricardo Carvalho Calero estanse a reeditar moitas das súas obras e a publicar diferentes que analizan a súa vida e obra. Tes á túa disposición na biblioteca varias destas novidades bibliográficas.
Outra iniciativa para homenaxear a Carvalho Calero é o certame Musicando Carvalho Calero 2020, organizado pola AGAL e a Radio Galega, no que se elixe a mellor canción que poña música a unha obra ou fragmento escrito por Carvalho Calero. Premendo aquí podes escoitar as dez cancións finalistas e votar polas tres que máis che gusten.
Ao longo do mes de outubro estanse levando a cabo actos de lectura en público de textos de Carvalho Calero como a lectura do Scórpio, no certame Desconfinamos Carvalho Calero, ou a lectura continuada das cen primeiras pasaxes do Scórpio durante catro horas, que prepara a AGAL. Neste vídeo podes aprender a ler un texto en galego reintegrado para así poderes participar ti tamén nesas lecturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario