19/06/20

Mensaxes a través do tempo

Os alumnos e alumnas de 3 e 4 de ESO de Xeografía e Historia realizaron o proxecto de investigación Mensaxes a través do tempo. Neste traballo, realizado ao abeiro dos proxectos Terra e Educación Patrimonial, do Plan Proxecta, os alumnos e alumnas puxéronse na pel de diferentes personaxes históricos.



Os personaxes históricos foron asignados por parellas aos alumnos e alumnas, mais sen desvelar en ningún momento que alumno ou alumna estaba detrás de cada personaxe. Despois de investigar sobre a parella de personaxes, cada persoa púxose na pel do seu personaxe e escribiu unha carta ao outro personaxe adxudicado. Ademais cada persoa realizou unha recreación dun retrato orixinal do seu personaxe asignado.

Ao final da actividade cada quen puido saber que compañeiro ou compañeiro estaba detrás do personaxe histórico que lle escribía.

Con este traballo os alumnos e alumnas aprenderon sobre personaxes históricos do mundo da arte, as letras, a música, a danza, a política, a ciencia, etc. engadindo unha componente lúdico e de misterio nunha reinterpretación histórica do xogo do amigo invisible.

Este traballo foi realizado durante a etapa de confinamento máis estrito, polo que os alumnos e alumnas fixeron un gran traballo de imaxinación e creatividade para poder recrear os retratos orixinais empregando só aquilo co que contaban en casa. Os resultados son espectaculares!! Podedes velos no Museo virtual KaleidoScapes.

Propñémosvos un xogo: sodes quen de identificar as parellas dos retratos a seguir? Para facilitarvos o labor dámosvos as parellas e vos só tedes que identificalas: Bobby Fischer e Garry Kasparov; Frida Kahlo e Chavela Vargas; Jean- Baptiste Poquelin Molière e Jean-Baptiste Lully; Isabel de Valois e Sofonisba Anguissola; Mahatma Gandhi e Nelson Mandela; Caravaggio e Artemisia Gentisleschi.









1 comentario:

  1. Un traballo maravilloso dende todos os puntos de vista.
    O resultado é esteticamente maravilloso e o plantexamento didáctico moi interesante. A pesar das dificultades con que foi feito. Bravo por todos !!

    ResponderEliminar