01/06/20

Historias do confinamento

Os alumnos e alumnas de 3 de ESO A e B e de 4 de ESO A e B das materias de Xeografía e Historia e de History, cóntannos as súas vivencias durante o confinamento pola pandemia do covid-19.

Este traballo englóbase no programa de Historia do presente no que os alumnos investigan sobre diferentes eventos históricos do seu interese acontecidos nos últimos 40 anos.

Neste caso narran a súa propia experiencia como protagonistas involuntarios da historia durante a pandemia do covid-19 que estamos a vivir.



Os alumnos e alumnas analizan como historiadores as causas e consecuencias da pandemia e tamén dan o seu testemuño como protagonistas da historia. Fálannos das súas reaccións ante o confinamento, o xeito no que pasaron o tempo, as persoas, animais e obxectos que máis os acompañaron neste tempo confinado e moito máis.




Podedes ver todos os traballos no Museo virtual KaleidoScapes. Son ben interesantes!








Ningún comentario:

Publicar un comentario