Este ano, o Día das Letras Galegas homenaxea a Ricardo Carvalho Calero, un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego nado en Ferrol en 1910 e finado en Santiago de Compostela en 1990.
Carvalho Calero foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, e membro numerario da Real Academia Galega.
Tamén foi membro de honra da Associaçom Galega da Língua e é considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, que é unha corrente que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou do galego-portugués.

Para este día tan espacial, o Departamento de Lingua e Literatura Galega creou o reto de que a comunidade educativa mandase unha foto evocadora dos versos de Carvalho Calero o azul cravado ao alto con mil cravos de ouro ao cancelo #carvalhonafiestra.
Premendo aquí podedes ver o bonito vídeo montado pola profesora Pepa Gamarra con todas as fotos.
Moitas grazas por homenaxeardes a Carvalho Calero e compartirdes as vistas desde as vosas fiestras! Feliz Día das Letras Galegas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario