Para celebrar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Carvhallo Calero, o Club de Lectura de Cancións preparou unha escolma de cancións en galego publicadas ao longo do ano. Esperamos que vos gusten!!
O 14 de maio estreouse este vídeo da adaptación musical do poema A Fala, de Manuel María. A versión musical corre a cargo de Uxía, coa colaboración de Tanxugueiras e Faia. Podedes ver o vídeo premendo aquí.
Xabier Díaz e As adufeiras veñen de publicar o o vídeo da súa canción Illas de Sal do álbum As catedrais silenciadas. Aquí vos deixamos os vídeos de dúas preciosas cancións deste álbum: Illas de Sal e No salón das cereixas, do mesmo álbum.
En xaneiro de 2020 a Banda da Loba presentou o seu novo traballo Fábrica de luz. Esta banda deuse a coñecer co seu anterior traballo Bailando as rúas. Deixámosvos os temas que dan nome a cada un dos traballos:
En marzo de 2020 saíron as primeiras cancións do novo disco de Sés, Liberar as arterias. Aquí vos deixamos a primeira canción publicada deste album Espiña sen rosa.
En novembro de 2019 publicouse o traballo de Tanxugueiras Contrapunto. Podedes atopar varios vídeos con cancións deste álbum como Desposorio, Autocracia ou Perfidia.
O 30 de abril, a Real Filharmonía de Galicia publicou este vídeo no ue desde o confinamento tocan e cantan o poema de Rosalía de Castro, Rosa de Abril.
En 2018, Guadi Galego publicou a súa canción Fronteiras, moi acaída nestes momentos de confinamento.
Dios ke te crew publicou en marzo do 2019 o seu primeiro disco O ciclo da Serpe. Podedes escoitar e ver o seu tema Melancolía.
En febreeiro de 2020, presentouse o último disco de Ruxe Ruxe titulado O extraño falar dun monstro de aldea. Podedes escoitar e ver o vídeo da canción Sae o sol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario