Podedes ver os resultados da investigación premendo na imaxe a seguir ou no enlace ao museo virtual KaleidoScapes.
Os alumnos e alumnas participantes recolleron cadanseu microtopónimo, xeolocalizárono, rexistrárono fotograficamente, gravaron a pronuncia do microtopónimo por parte do informante, documentaron os elementos naturais e antrópicos relacionados co microtopónimo, as actividades e lendas asociadas, e os cambios e continuidades ao longo do tempo. O alumnado tamén fixo unha valoración patrimonial dos microtopónimos e o seu contorno e recomendacións para a súa conservación.
Este traballo deulle aos alumnos e alumnas unha visión global da paisaxe e unha comprensión dos cambios e continuidades ao longo do tempo ao longo a través dos nomes dos lugares.
Como a comunidade do IES Plurilingüe de Ames procedemos de lugares moi diferentes, temos un crisol de topónimos e microtopónimos moi variados e de toda Galicia.
Os rapaces e rapazas pasárono en grande explorando Galicia coas súas familias e amizades e atrapando topónimos para rescatalos do esquecemento, documentalos, publicalos e conservalos para as futuras xeracións.
Os alumnos e alumnas participantes recolleron cadanseu microtopónimo, xeolocalizárono, rexistrárono fotograficamente, gravaron a pronuncia do microtopónimo por parte do informante, documentaron os elementos naturais e antrópicos relacionados co microtopónimo, as actividades e lendas asociadas, e os cambios e continuidades ao longo do tempo. O alumnado tamén fixo unha valoración patrimonial dos microtopónimos e o seu contorno e recomendacións para a súa conservación.
Este traballo deulle aos alumnos e alumnas unha visión global da paisaxe e unha comprensión dos cambios e continuidades ao longo do tempo ao longo a través dos nomes dos lugares.
Os rapaces e rapazas pasárono en grande explorando Galicia coas súas familias e amizades e atrapando topónimos para rescatalos do esquecemento, documentalos, publicalos e conservalos para as futuras xeracións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario