18/02/20

Falar galego é un superpoder!!...

... E non o dicimos nós, senón Ekaterina Yakovleva, unha tradutora e lingüista rusa que leva case seis anos vivindo en Galicia.

Ekaterina comezou a aprender o galego en San Petersburgo e agora que vive en Galicia pode falalo todos os días, e aínda bota en falta non escoitar máis o idioma polas rúas.

A súa experiencia co galego e Galicia foi recollida na serie Chegada: Galicia, do xornal Galicia confidencial. Podedes ler a entrevista completa premendo aquí, e vela no vídeo a seguir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario