24/02/20

Rosalía é tendencia

Para homenaxear a Rosalía de Castro, durante o mes de febreiro os alumnos e alumnas do IES Plurilingüe de Ames deseñaron camisetas con motivos relacionados coa súa figura e obra.

Esta actividade foi realizada polos departamentos de Dinamización lingüística, Lingua galega e literatura, e Educación Plástica e Visual.

Na entrada do instituto e no corredor do primeiro andar, así como neste enlace de Instagram, podedes ver as espectaculares camisetas creadas. Dentro de nada poderedes lucilas e unir moda e poesía!



Ningún comentario:

Publicar un comentario