18/12/19

Día Internacional do Migrante

Hoxe, día 18 de decembro, celébrase o Día Internacional do Migrante, un día no que se denuncia o trato discriminatorio e inxusto que con demasiada frecuencia é dado a persoas que teñen que deixar os seus fogares, as súas familias e a súa terra en busca dunha vida mellor.

O Club de lectura de cancións, de 3º de ESO, realizou un poema e unha escolma de cancións que tratan sobre e migración, con isto quere amosar a súa solidariedade cos migrantes e lembrar que nun mundo cada vez máis globalizado, todos e todas somos migranteses:


Refuxio

O meu refuxio
ao que me podo transportar.
Un lugar tranquilo.

O meu refuxio
é un lugar,
un libro,
unha persoa,
unha conversa.
O refuxio

doutra persoa
poder ser, simplemente,
un país.

O refuxio,
dun refuxiado,
pode ser, simplemente,
un sitio
onde non corra
alto perigo de morte
cada día.

O refuxio,
dun migrante,
pode ser, simplemente,
un país
onte ten un traballo
cun salario digno.

Un refuxio,
pode ser, simplemente,
un lugar 
onde nos sentimos
refuxiados.

Poema de Paula Viñas Lamas, 3º ESO B










Ningún comentario:

Publicar un comentario