O traballo estivo dividio en dúas partes: catalogación das especies arbóreas e realización dun mural.
Os alumnos de 1º de ESO, coordinados polo profesor do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Roberto Amarelle, realizaron unha investigación sobre as 55 especies de árbores espalladas por xardíns, parques e rúas de Bertamiráns que resultou na colocación de 55 placas identificadoras e a publicación dunha guía sobre estas especies arbóreas.
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO, coordinados pola profesora do departamento de Debuxo, Renata Otero, realizaron un mural 62 metros no paseo fluvial ao longo do cal se plasma a flora e fauna de Bertamiráns,
Podedes atopar máis información sobre este excelente traballo aquí e aquí. Facédevos cunha das guías e non deixedes de ir ver as placas identificadoras e o espectacular mural! Moitos parabéns polo traballo ben feito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario