Os alumnos e alumnas de 1º de ESO B e E da materia Landscape and sustainability realizaron unha exposición de fotos de paisaxes ben conservadas e fotos de paisaxes estragadas que podedes visitar na sala Maruxa Mallo do primeiro andar.
Esta exposición, titulada A paisaxe que queremos e a que non / The landscape we want and the landscape we dislike, amosa exemplos de paisaxes belas e ben conservadas, para valorar a súa importancia, e exemplos de paisaxes estragadas, para concienciar ao alumnado do impacto que teñen na sociedade.
Como parte da exposición, toda a comunidade educativa tivo a oportunidade de votar polas que consideraba as dúas mellores fotos, unha na sección de paisaxes ben conservadas e outra na sección de paisaxes estragadas.
A gañadora do concurso da mellor foto de paisaxe ben conservada foi Sofía, de 1º ESO E, coa fotografía Beautiful coast / Fermosa costa.
A gañadora do concurso de mellor foto de paisaxe estragada foi Iria, de 1º de ESO E, coa fotografía Terrible overhead wires / Terrible cableado.
Parabéns ás gañadoras e a todo o alumnado participante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario