23/06/19

Pasando a remuda da nosa memoria histórica

Os alumnos e alumnas de 3º de ESO A da materia Xeografía e Historia realizaron unha investigación sobre as lembranzas dos seus avós e bisavós con respecto á Guerra Civil e á posterior ditadura franquista. Esta investigación encádrase no proxecto Pasando a remuda da nosa memoria histórica que forma parte do Proxecto de centro En paradoiro descoñecido. Podedes ver os resultados no museo virtual KaleidoScape.

Os rapaces e rapazas recolleron vivencias de primeira man dos seus avós e avoas e tamén dos seus bisavós e bisavoas, neste caso a través das lembranzas dos seus avós e avoas ou pais e nais. 

Os temas tratados nas entrevistas son variados: a represión, a persecución ao sindicalismo, os agachadiños,  a cartilla de racionamento, o estraperlo, a emigración por mor da pobreza e o medo, as visitas de Franco a Galicia, o ensino ou o tratamento da muller durante a ditadura.


Tamén se incorporou no conxunto dos traballos o realizado por Dani Campos, de 2º de ESO, no marco da investigación We are all migrants / Todos somos migrantes por ser de grande interese para a investigación sobre memoria histórica da Guerra civil pois conta a experiencia do seu bisavó Antonio como refuxiado político en Francia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario