12/06/19

Entrega de premios dos cadernos de viaxes a Grecia


Dentro do marco da viaxe a Grecia do curso 2018-2019, organizado polo Departamento de Grego, propúxose ao alumnado participante a elaboración dun caderno de viaxe persoal.

Os materiais utilizados foron: caderno, lapis, gomas, acuarelas, pinceis con carga de auga, rotuladores, tesoiras e pegamento.

Os alumnos fixeron auténticas obras de arte e, coa colaboración da Biblioteca e da ANPA, que axudaron tamén á compra de materiais, puidemos facer entrega de 15 premios aos mellores cadernos.







Ningún comentario:

Publicar un comentario