Os alumnos e alumnas de 2º de ESO da materia de
Geography and History realizaron unha investigación sobre a orixe dos seus apelidos e do escudo de armas destes. Esta investigación forma parte do proxecto de investigación
A paisaxe medieval de Ames, encadrado no
ProxectoTerra e o
Plan Proxecta.
Na entrada principal podedes visitar a exposición dos escudos de armas acompañados dos apelidos correspondentes escritos en caligrafía gótica polos alumnos e alumnas.
Para que sexades quen de identificar aos compañeiros e compañeiras detrás deses apelidos e escudos, aquí vos deixamos as súas fotos.
Parabéns polo traballo rapazas e rapaces!
Ningún comentario:
Publicar un comentario