12/05/19

I Obradoiro de danza barroca


Os alumnos e alumnas de 3º de ESO da materia de Xeografía e Historia participaron nun obradoiro de danza barroca o día 10 de maio.

O alumnado viaxou no tempo e no espazo ata o esplendoroso Versalles de Luís XIV, onde se atopou coa mestra de corte, Loli Fojón, da academia LoDanzas, que os guiou na aprendizaxe do minué; unha danza orixinaria de Poitou, introducida na corte francesa por Jean-Baptiste Lully, que chegou a converterse na danza máis afamada da época.







Ningún comentario:

Publicar un comentario