Antón Fraguas foi historiador,
etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros
compañeiros, a Sociedade da Lingua. Foi membro das Irmandades da
Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario
depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre
Sarmiento e da Real Academia Galega. Foi director e presidente do Museo do Pobo
Galego, membro do Consello da Cultura Galega e cronista xeral de Galicia.
A súa figura foi
recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o
Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San
Martiño de normalización lingüística.
Antón Fraguas visitou o noso instituto no 1998, co gallo da celebración do 75 aniversario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, como podedes ver na fotografía a seguir:
Ningún comentario:
Publicar un comentario