Os alumnos de 3º de ESO da materia de Xeografía e Historia participaron, o día 10 de maio, nunha festa renacentista.
Para preparar a festa o alumnado fixo unha investigación dos productos da época en Europa, moi variados despois da colonización de América, e tamén da decoración da mesa, na que chama a atención a ausencia de auga, polo seu alto contido de bacterias, o uso de saleiros centrais posto que o sal era un produto de luxo, ou de auga de rosas para lavar as mans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario