01/05/19

III Obradoiro de danza medieval 2018-2019

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO da materia de Geography and History participaron por terceiro ano consecutivo no Obradoiro de danza medieval, organizado en colaboración coa experta en danza clásica, Loli Fojón, directora e profesora da Academia LoDanzas.

Este obradoiro tivo lugar no marco da investigación A paisaxe medieval de Ames, levada a cabo polo alumnado ao abeiro do Proxecto Terra do Plan Proxecta

Os alumnos foron introducidos no contexto da danza medieval e aprenderon a bailar unha Pavana e un Branle, seguindo coreografías documentadas historicamente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario