Con anterioridade á festa o alumnado investigou sobre vestimenta, comida, decoración, xogos e deportes, música e danza, para organizar unha festa sustentable, sen residuos, e o máis fidedigna posible en relación á Idade Media.
Durante a investigación os alumnos e alumas descubriron moitos datos interesantes sobre como se comía na Idade Media: moitas veces usaban tortas de pan como pratos polo que tamén se comían e non había que lavalos, comían coas mans ou en todo caso usando un garfo que cada convidado traía para a ocasión, non bebían auga pois contiña moitas bacterias o que facía que tanto nenos como adultos tomasen bebidas alcohólicas, ter un saleiro de mesa indicaba riqueza pois o sal era un ben de luxo, logo de comer lavaban as mans en auga de rosas...e moitas outras cousas máis que, xaorá, incluíron na súa recreación medieval.
Aquí podedes ver algunhas imaxes do resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario