O día 5 de maio, celébrase a III Gala do audiovisual do IESP de Ames. A Gala celebrarase na Casa de Cultura de Bertamiráns en dous pases: un de mañá entre 10:50 e 12:30 e outro de tarde con comezo ás 18:00.
Trátase dunha actividade didáctica e educativa organizada pola profesora de Educación Plástica e Audiovisual, Renata Otero, coa colaboración do profesor de Lingua e Literatura Galega, Carlos Otereo, e o profesor de Música, Xoán Xil.
Na gala amosaranse ao público a modo de festival de cine as curtas e videopoemas realizados polos alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO. Tamén contará con convidados ilustres do medio cinematográfico galego e entregaranse diferentes premios por categorías para os participantes.
Entre a proxección das curtas e a entrega dos premios haberá unha sesión de música en directo a cargo dos alumnos de 2º de Bacharelato: Javi Abel, César Asensi, Roi Candocia e Gabriel Crespo.
Convidámosvos a asistir á gala e gozar de cine en estado puro feito por nós no noso centro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario