01/05/19

Investigando o Ames medieval 2018-2019

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO da materia Geography and History do IESP de Ames realizaron unha investigación sobre catorce lugares e elementos da Idade Media da nosa contorna máis próxima e en relación cos sitios onde eles viven. Dez dos elementos medievais están espallados polo municipio de Ames, e catro atópanse repartidos entre os municipios de Brión, Negreira, Teo e Val do Dubra.

Esta investigación titulada A Paisaxe de Ames, encádrase no ProxectoTerra e o Plan Poxecta e tivo dúas partes: a primeira de investigación sobre os elementos patrimoniais da Idade Media desde o nivel macroespacial ata os elementos de cultura material e o xeito de vida, e a segunda parte na que os alumnos e alumnas compartiron entre si a súa aprendizaxe, publicaron os resultados para a comunidade educativa e desfrutaron xuntos cun roteiro polo Ames medieval, unha festa medieval e un obradoiro de danza medieval e renacentista.

Estas son algunhas imaxes dos elementos medievais do municipio de Ames:





E estas son imaxes dos catro elementos localizados noutros municipios estremeiros:



Os días 29 de abril e 6 de maio, os alumnos e alumnas realizaron o III Roteiro polo Ames Medieval. 

Este roteiro consistiu no percorrido dos catorce lugares e elementos da Idade Media (dez deles espallados polo municipio de Ames e catro divididos entre Brión, Negreira, Teo e Val do Dubra) previamente estudados e documentados.

Os alumnos e alumnas intercambiaron a información adquirida cos compañeiros e compañeiras ao seren eles e elas as guías das visitas.

Roteiro realizado o 29 de abril cos alumnos de 2º ESO A, B e C:


Roteiro realizado o 6 de maio cos alumnos e alumnas de 2º ESO D, E e F:




O día 30 de abril, os alumnos e alumnas realizaron a III Festa medieval. 

Con anterioridade á festa o alumnado investigou sobre vestimenta, comida, decoración, xogos e deportes, música e danza, para organizar unha festa sustentable, sen residuos, e o máis fidedigna posible en relación á Idade Media.

Durante a investigación os alumnos e alumas descubriron moitos datos interesantes sobre como se comía na Idade Media: moitas veces usaban tortas de pan como pratos polo que tamén se comían e non había que lavalos, comían coas mans ou en todo caso usando un garfo que cada convidado traía para a ocasión, non bebían auga pois contiña moitas bacterias o que facía que tanto nenos como adultos tomasen bebidas alcohólicas, ter un saleiro de mesa indicaba riqueza pois o sal era un ben de luxo, logo de comer lavaban as mans en auga de rosas...e moitas outras cousas máis que, xaorá, incluíron na súa recreación medieval.

Aquí podedes ver algunhas imaxes do resultado.



Para rematar os alumnos e alumnas participaron no III Obradoiro de danza medievalorganizado en colaboración coa experta en danza clásica, Loli Fojón, directora e profesora da Academia LoDanzas.

Os alumnos foron introducidos no contexto da danza medieval e aprenderon a bailar unha Pavana e un Branle, seguindo coreografías documentadas historicamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario