Unha vez feita a investigación e obtida a información de máis de 20 elementos da época, realizaron un roteiro por doce deles. Os alumnos e alumnas foron os guías do roteiro transmitíndose entre eles os achados das súas pescudas e compartindo os tesouros do patrimonio da Idade Moderna de Ames.
Nese labor contaron coa amable e xenerosa colaboración de diferentes veciños do municipio, como o Sr. Xaquín (veciño de Agrón), o Sr. Xosé (veciño de Ames), o Sr. Xoán (veciño de Lens), que nos abriron as igrexas de San Lourenzo de Agrón, San Tomé de Ames e Santo Amaro de Barouta; e do Sr. Xavier (veciño de Lens) que nos abriu e explicou a igrexa de San Paio de Lens e o Pazo de Lens. Para eles o noso profundo agradecemento.
Tamén trasmitimos o noso máis sincero agradecemento a tódolos pais, nais e diferentes familiares, que axudaron ao alumnado na súa investigación; así como a veciños e veciñas que ofreceron apoio e información ao alumnado nos seus traballos de investigación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario