05/04/19

A Toponimia de Ames xa ten libro

O pasado xoves, 4 de abril, presentouse no Pazo da Peregrina o libro Toponimia de Ames, escrito por Xosé Ramón López Boullón, e publicado pola Real Academia Galega e o Concello de Ames.

Anímate a buscar información sobre a orixe e o significado do nome do lugar no que vives pois entre os case 130 topónimos do noso municipio que recolle o libro seguro que se atopa o que ti buscas!

Podes atopar máis información sobre o libro neste enlace. A publicación xa está dispoñible en PDF e agardamos contar axiña cun exemplar na nosa biblioteca.



Ningún comentario:

Publicar un comentario