04/04/19

Certame de debate 2019

O día 3 de abril celebrouse en Santiago de Compostela a primeira fase do Certame de debate 2019, no que participaron institutos do concello de Ames, o concello de Teo e o concello de Santiago.

O noso centro foi representado por tres grupos de alumnos e alumnas de 3º de ESO, 4º de ESO e 1º de Bacharelato, coordinados polos profesores Carlos Negro, Iria Piñeiro e Isabel Vega, dos departamentos de Lengua Castelá e Lingua Galega.

O equipo do IES Plurilingüe de Ames Xente de Palabra acadou o 1º premio e clasificouse para a final galega do certame que terá lugar o día 11 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Moitos parabéns polo excelente traballo e moitos ánimos para a final!


Ningún comentario:

Publicar un comentario