Na nosa biblioteca podedes consultar dúas novas obras doadas xenerosamente por dous profesores do centro.
Xoan Xil, profesor de música, doou a obra A linguaxe das campás. Etnografía dos sinos, escrito por Rafael Quintía e Rosalía Rodríguez con audio e vídeo realizados polo propio Xoan Xil. Trátase dun documento fundamental sobre o oficio de campaneiros e campaneiros e os sons das campás que están a desaparecer da nosa paisaxe sonora.
María Leyra, profesora de Filosofía, doou a obra Pioneros na corrente do Golfo. A primeira emigración galega a México (1837-1936), de Elixio Villaverde. Unha obra esencial para coñecer a nosa historia marcada pola emigración e axudarnos a sermos máis comprensivos cos inmigrantes que chegan na actualidade ao noso país.
Elixio Vilaverde faleceu recentemente, e María quixo facer a doazón do libro no seu nome. Quen mellor pode expresar o que Elixio Vilaverde e a súa obra significan é María, por iso recollemos aquí as súas propias palabras sobre o autor: "Foi un home comprometido e apaixoado, amante da súa terra e dos seus homes e as súas mulleres silenciosos: emigrantes, exiliados e, nestes derradeiros tempos, os arrieiros. Vai por el! Ogallá os seus traballos nos guíen."
Ningún comentario:
Publicar un comentario