26/10/18

Diego Rojo fai historia na Spartathlon

Desde a biblioteca queremos darlle os nosos máis sinceros parabéns a Diego Rojo, profesor de Educación Física do noso centro, por ter participado e rematado o Spartathlon, a carreira máis dura do mundo.

A Spartathlon é unha ultramarathon na que se percorren 246 kilómetros entre as cidades gregas de Atenas e Esparta nun máximo de 36 horas.

Nesta carreira só poden participar atletas previamente seleccionados tras superar un corte de tempo moi exixente, e este ano a carreira foi especialmente dura, posto que a súa dificultade intrínseca veuse acrecentada polo paso dun furacán que deixou ventos de 120 Kilómetros por hora.

Diego foi o único dos catro españois participantes que conseguiu rematar a carreira e o primeiro galego en facelo. Podedes ler o emotivo relato da súa xesta en palabras do propio Diego Rojo neste enlace.

Parabéns, Diego! E segue nadando!




Ningún comentario:

Publicar un comentario