Tamén podedes ver o vídeo Ler non é clandestino, creado polo IES Chano Piñeiro, de Forcarei:
Tamén vos deixamos o cartel saído do trinque do lema das bibliotecas escolares para este curso: Poéticas diversas na biblioteca escolar.
Baixo este lema inténtase impulsar o gusto pola poesía pero tamén espertar o interese por descubrir a poesía que se agocha en moitas outras producións culturais como a fotografía, o cine, as artes en xeral, a paisaxe, o universo, a música, o traballo cotiá ou as relacións humanas.
Desde a Biblioteca convidamos ao profesorado e alumnado á lectura do texto Onde hai unha biblioteca hai unha luz, de Agustín Fernández Paz. Podedes pasar cando queirades pola biblioteca para recoller unha copia do texto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario