23/05/18

Foliada no centro

Os alumnos de 1 de ESO fixeron unha foliada o día 18 de maio no marco das materias de Paisaxe e sustentabilidade e Educación física. Con esta actividade púxose o ramo á investigación sobre o patrimonio inmaterial de Ames desenvolvida durante o curso.

Os alumnos e alumnas degustaron produtos tradicionais galegos preparados por eles mismos, e cantaron, tocaron e bailaron, demostrando que a nosa música e danza nunca pasa de moda.




Ningún comentario:

Publicar un comentario