O roteiro foi composto polos alumnos e alumnas como resultado da súa investigación sobre os elementos medievais localizados nas diferentes zonas onde eles viven; así, ademais de Ames, tamén visitamos algúns lugares de Brión, Calo, Negreira e Val do Dubra.
Os alumnos e alumnas foron os encargados de guiar a visita e explicar a importancia patrimonial e social dos diferentes elementos, así como de organizar xogos e adiviñas en relación coas distintas paradas. Os resultados da investigación e a localización dos diferentes elementos medievais pódense ver no museo virtual Kaleidoscape.
Queremos agradecer á ANPA do centro por ter financiado o autobús para a nosa viaxe. Grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario