O día 10 de xuño alumnado de 3º ESO F, 4º ESO F, 1º de bacharelato, 1º FP Básica de Agroxardinería e composicións florais, e 1º FP Básica de Perruquería e estética, visitaron as Torres de Altamira, en Brión, como parte do programa de Educación Patrimonial, do Plan Proxecta, e en colaboración coa Asociación de Patrimonio de Brión.
O grupo realizou unha visita guiada polo xacemento da man de Mar Bóveda e Luciano López, da Asociación de Patrimonio de Brión, e asistiu a unha representación teatral a cargo de Os Quinquilláns, sobre a historia do castelo e as persoas a el asociadas.
Dámoslle as grazas e un forte aplauso a Asociación de Patrimonio de Brión e a Os Quinquilláns, por achegarnos dun xeito tan ameno e interesante ao patrimonio da nosa contorna!






Ningún comentario:
Publicar un comentario