Lectores e lectoras, volve ser 23 de abril, Día Internacional do Libro! Trátase dunha data designada pola UNESCO en 1995 para fomentar a lectura, a edición e as publicacións impresas, así como os dereitos de autoría.
Desde a Biblioteca propoñémosvos unha Cita a cegas cun libro. En que consiste? Podedes escoller un libro para levardes convosco, pero hai truco: os libros están envolveitos, polo que non podedes velos. Como podedes decidir entón que libro vos gusta para levar? Pois lendo con atención as pistas que preparou o voluntariado da biblioteca para decidir se vos resulta intersante ou non. Por algo lle chamamos Cita a cegas!!
Ademais, as persoas que visitedes a nosa biblioteca e collades un libro recibiredes un marcapáxinas cun motivo decorativo que vos resultará moi familiar e un precioso haiku creado polo profesor e poeta Carlos Negro exclusivamente para a nosa biblioteca.
Esperamos que vos gusten as propostas e feliz día do libro!


Ningún comentario:
Publicar un comentario