O día 3 de febreiro, tivo lugar a cuarta sesión de formación da Liña de Polos creativos do PFPP do centro.
A sesión estivo dedicada ao uso da cortadora láser e do programa Inkscape e a formación correu a cargo de Roberto Amarelle, antigo profesor do noso centro, asesor de Polos creativos e actualmente secretario do IES de Arzúa.
Foi un pracer ter de novo a Roberto polo instituto e ademais aprendemos unha morea de cousas sobre a cortadora láser e Inkscape que estamos desexando poñer en práctica!



Ningún comentario:
Publicar un comentario