09/01/26

Segunda sesión do Club de lectura Paroliñas

O día 8, acabados de volver das vacacións de invernos, desenvolveuse a segunda sesión do Club de lectura Paroliñas para a comunidade educativa adulta.

A temática de lectura foi o cómic galego, e acompañounos na xuntanza Octavio Beares, experto en cómic galego e autor do libro A historia do cómic en Galicia, publicado pola Editorial Galaxia.

Seguindo as recomendacións de Octavio, o club leu dúas obras de banda deseñada galega, gañadoras do premio nacional de banda deseñada: O corpo de Cristo, de Bea Lema, e Presas fáciles, de Miguelanxo Prado.

A través destas obras, e outras dispoñibles na nosa biblioteca, Octavio fixo un percorrido pola banda deseñada galega no contexto da banda deseñada española e internacional. Como adoita acontecer nas xuntanzas do club, o encontro e a charla esperteu as ganas de ler máis obras deste xénero e marchamos para casa con varios libros de banda deseñada baixo o brazo. Moitísimas grazas, Octavio, por compartires o teu tempo connosco!


+

Ningún comentario:

Publicar un comentario