08/01/26

Contos teatralizados

O alumnado de 2º de bacharelato da materia de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia preparou a versión teatralizada de dous contos infantís para representar aos alumnos e alumnas de infantil do CEIP A Maía o 19 de decembro.

Os contos escollidos foron A casa da mosca chosca, de Eva Mejuto e Sergio Mora, e A noite das mudanzas, de Pep Bruno. Finalmente a obra non puido ser representada por cuestións sobrevidas, mais o alumnado pasouno en grande preparando as dúas pequenas pezas teatrais.

O alumnado traballou a obra en varias fases: leron a obra, distribuíron os personaxes, fixeron lecturas grupais, decidiron a posta en escena, aprenderon os papeis e ensaiaron a teatralización. Esta actividade permitiu ao alumnado decatarse do poder do teatro como transmisor da lingua galega, cerna do patrimonio cultural inmaterial e da identidade galega.




Ningún comentario:

Publicar un comentario