O 7 de novembro comezou a segunda edición do Club de lectura- obradoiro de pandeireta do centro. O obradoiro volve estar impartido por Suso Iglesias, profesor de Matemáticas e nel participan tanto alumnado como profesorado.
Ademais do obradoiro dos recreos, Suso tamén ofreceu un obradoiro de oito sesións ao alumnado de 2º de Bacharelato de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia, para axudarlles a achegarse a esta manifestación do patrimonio cultural inmaterial.
Durante o tempo do obradoiro alumnos e alumnas coñeceron os trazos básicos deste elemento de patrimonio inmaterial e a importancia da súa conservación e transmisión a xeracións futuras, analizaron e interpretaron diferentes ritmos e cantigas de diferentes zonas xeográficas e fixeron a súa propia recolla de cantigas nas súas familias.
O obradoiro rematou en decembro. Entre novembro e decembro o alumnado investigou e aprendeu a tocar muiñeira, valse e xota. En concreto aprendeu a Muiñeira de Cerdeira, o Valse de Pazos de Borbén e o Maneo de Imende.


Ningún comentario:
Publicar un comentario