O día 5 de xuño, a arqueóloga Sonia García Rodríguez, do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit, CSIC) deu unha charla sobre patrimonio e cidadanía ao alumnado de 4º ESO da materia de Xeografía e Historia.
Sonia transmitiu ao alumnado a importancia da participación cidadá, incluída a participación dos adolescentes, no coñecemento e salvagarda do patrimonio. Falou sobre a evolución da paisaxe ao longo do tempo cun espesor temporal de millóns de anos, da paisaxe da Ribeira Sacra e a súa nominación como Patrimonio da Humanidade recoñecido pola UNESCO, a paisaxe cultural de Babia e a participación cidadá, e o impacto da construción de Altri na paisaxe cultural. Moitísimas grazas un ano máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario