O alumnado de 2º de bacharelato da materia de Xeografía visitou a sede da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), organismo dependente da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela.
Na visita foron recibidos polas inspectoras encargadas de realizar a visita ao centro, Eugenia Deus e Olalla Flores, así como pola directora da axencia,Victoria Núñez.
A actividade organizouse en varias partes, unha charla introdutoria sobre a APLU e as súas funcións, un debate sobre ordenación territorial e urbanismo, unha sesión de achegamento á cartografía tanto dixital como en papel, e unha actividade práctica de ordenación territorial dunha paisaxe.
Dámoslle o noso sinceiro agradecemento á APLU por ternos agasallado o seu tempo e compartido connosco o seu coñecemento así como pola súa agarimosa acollida. Esperamos volver o vindeiro curso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario